Sobre min
Chámome Romina e a miña historia dista moito de ser a típica de case tódolos criadores de gatos.
Sí, é certo que sempre me sentín fascinada por eles, pero as circunstancias leváronme por outro camiño ata que puiden gozar desta marabillosa raza que é o Bosque Noruego.
Crecín nun canil, polo que fun expositora, adestradora e, por suposto, criadora.
Foi meu pai quen me ensinou a importancia dos pedigrís, das liñas que viñan detrás de cada exemplar, a estudar cada plan de cría coma se fose o último e a dedicarlle tempo, amor e dedicación a cada camada.
Da miña nai aprendín que as modas son temporais, ser fiel á raza, coidar o estándar, respectar ós exemplares orixinais e loitar polos meus obxectivos ignorando o que guste nese momento.
Sempre levei eses valores arraigados en min e é a miña filosofía como criadora, polo que seguirei firme na conservación do Bosque de Noruega tal e como era nas súas orixes, como realmente foi e como debe seguir sendo.