top of page

Sobre Donalbai

O nome de Donalbai débese a un bosque sagrado situado na provincia de Lugo, a localidade onde vivo.

O meu pobo descende da cultura castrexa, sociedade apátrida de orixe celta, polo que tódolos cachorros do criadeiro de Donalbai teñen nome galego ou celta, xa que é un legado moi arraigado en nós.

mapa de donalbai, gatos Bosques noruegueses Donalbai

Círculo de Donalbai

Neste mapa atoparás tódolos lugares milagrosos, de ritos e de culto pertencentes ó bosque de Donalbai.

Pena dos Mouros

Unha porta a outro mundo.

Está formado por tres enormes piares sobre os que se asenta unha pedra con forma de caveira de can.

Na noite do 7 de novembro, Samaín celta, o último raio de sol ilumina a cuenca do ollo da caveira, abrindo unha porta que nos guía a outro mundo.

pena dos mouros, criadeiro bosque noruegués Donalbai

Penas de Rodas

penas de Rodas, crianza Bosques Noruegos Donalbai

Lugar sagrado de culto.

Simbolizan o matrimonio entre o sol e a terra.

Crese que unha das pedras está chea de ouro e a outra de alcatrán.

Outra lenda di que unha soa pedra abriuse pola metade, dando lugar ás dúas rochas e derramando o alcatrán que había dentro. A catástrofe petrificou a tódolos veciños da zona, o que explicaría a existencia actual de numerosas pedras de gran tamaño na zona: son os corpos dos habitantes do lugar que, polo paso do tempo e a erosión, adoptaron a forma habitual de esas rochas.

Fonte milagrosa

Unha das dúas antigas fontes con poderes curativos, polo que eran consideradas milagrosas.

donalbai fonte, crianza Bosques noruegueses Donalbai
castro, crianza Bosques noruegueses Donalbai

Castro

Un castro é unha vila fortificada e é a característica máis salientable da cultura castrexa.

Este en particular está situado preto de onde vivo.

Torques

Este é o torques do meu pobo e é o máis grande que se atopa en toda Galicia.

Un torques é un colar típicamente celta.

torques, criadeiro de gatos Bosques noruegueses Donalbai
castrexos

Festa Castrexa

Tódolos anos celebramos e honramos as nosas raíces castrexas.

bottom of page