top of page

Máis fotos

Pedigree

Dispoñible

Ézaro Donalbai*PT

  • Data de nacimento: 05/03/2024

    Sexo: Macho

    Cor: Negro silver mackerel con branco (tip tail)

    EMS: NFO ns 23 09

  • Ézaro é a única parroquia do concello de Dumbría que limita co mar, co océano Atlántico e está atravesado polo río Xallas, que cae ó mar en forma de fervenza desde os 40 m de altura, única na Europa continental.

     É un lugar máxico e encantador, un lugar que dende os tempos dos celtas supertamáricos foi obxecto de innumerables lendas e hai referencias documentadas que datan de 1724 que mencionan a fervenza, calificándoa como unha enorme nube de fume que podería ser visto desde varios quilómetros mar adentro.

     O monte Pinto, polo que corre a fervenza, pódense atopar numerosos restos arqueolóxicos, como petróglifos, útiles de bronce e restos dunha suposta antiga ermida e inspirou gran cantidade de historias e lendas de divindades, esculturas ou monstros e xigantes míticos, entre eles algúns sobre o río Xallas, debido á fervenza do Ézaro por caer as súas augas directamente sobre a auga salgada do mar.

bottom of page