top of page

Dana Donalbai*PT

  • Data de nacemento: 08/12/2022

    País: España

    Título: 

    Cor: Tartaruga azul  

    EMS: NFO g

    Xenotipo: aa dd ii __ __ ww Oo

  • Dana, a deusa nai celta, a máis antiga das divindades irlandesas, deusa primordial ou elemental da auga que deu orixe ós deuses de Irlanda.

    A deusa primordial que dá o seu nome ós Tuatha Dé Danann, pertencía por nacemento ós deuses da vida, da luz e do día. Considérase a triple Deusa, formada por unha doncela que representa o amor e a mocidade, unha nai que representa a vida, a fertilidade e a abundancia e unha vella que representa o misterio, a morte e a transcendencia.

    Dana non só foi unha deusa creadora responsable da fertilidade, senón que tamén foi mestra e guía dos seus seguidores. É a deusa da creatividade, da imaxinación e da arte en tódalas súas facetas. Está relacionada ca Lúa e, como tal, rexe as mareas.

    Nai Universal, patroa dos magos, simbolizaba os ríos, a auga, os pozos, o vento, a prosperidade, a maxia e a sabedoría.

bottom of page